Letras Galega 2020: unha celebración que terá que esperar ata outubro

Letras Galega 2020: unha celebración que terá que esperar ata outubro

Etiquetas:

¿Te ha gustado?

Compártelo!

As Letras Galegas de 2020 están adicadas a Ricardo Carbalho Calero. A actual situación provocada pola COVID-19 tamén afectará a esta celebración; a Real Academia Galega (RAG) decidiu pospoñer o pleno extraordinario e público do Días das Letras ao 31 de outubro, un día despois do 110 aniversario do nacemento de Calero. Do mesmo xeito, o resto de actos públicos previstos pola RAG, concellos ou colectivos culturais quedan adiados. Pese a esta medida inédita, a RAG pretende que o 17 de maio se manteña coma unha data de celebración e reinvindación colectiva: nestes tempos de afastamento social as redes sociais son a alternativa.

Unha efeméride iniciada en 1963

O Día das Letras Galegas celebrouse por primeira vez en 1963. A homenaxeada foi Rosalía de Castro. Durante os últimos 56 anos mantívose esa data coma xornada de conmemoración e reinvindicación do galego e a súa cultura, ao mesmo tempo que se lle rendía homenaxe a diferentes escritores e intelectuais. Neste 2020 a pandemia provocada pola COVID-19 todo mudou e o 17 de maio non é unha excepción.

A comezos do pasado mes de abril a Real Academia Galega -ante a situación de alarma polo coronavirus- decidiu aprazar o habitual pleno extraordinario e público do Días das Letras, previsto para o día 17 no Teatro Jofre de Ferrol, ao sábado 31 de outubro. Outras actividades organizadas pola Academia relacionados con esa data tamén quedan adiadas para despois do verán ante a imposibilidade de celebrar neste momento actos públicos. Trátase, por exemplo, da homenaxe que se lle ía render a Carbalho Calero para destacar a súa faceta como docente prevista para o 7 de maio en colaboración co colexio Fingoi (Lugo), un centro que Calero dirixiu dende 1950 ata 1965.

Rosalía de Castro

Traxectoria de Carbalho Calero

O homenaxeado das Letras de 2020 é Ricardo Carbalho Calero (Ferrol, 1910- Santiago de Compostela, 1990), todo un referente da cultura galega do século XX. Este 2020 coincide cos 110 anos de seu nacemento e os 30 do seu pasamento. O ferrolán destacou pola súa labor como docente (foi catedrático de Lingüística e Literatura Galega), pola súa defensa do idioma galego, a súa faceta galeguista e os seus estudos lingüísticos.

Carbalho Calero estudou Dereito en Santiago de Compostela, época na que deu os seus primeiros pasos políticos e intelectuais ao entrar en contacto co Seminario de Estudos Galegos. Trala proclamación da II República, participou na fundación do Partido Galeguista (1931), así como nas mobilizacións que reclamaban a galeguización da universidade e na redacción do Estatuto de Autonomía. Esta vertente política combinouse coas súas primeiras obras literararias: os poemas de Vieiros (1931) e O silenzo axionllado (1934).

Durante a Guerra Civil incorporouse ao bando republicano. En 1939 foi detido e condenado a 12 anos de cárcere, dos que cumpriu dous. Isto marca o inicio da súa etapa no ensino privado, dirixindo o colexio Fingoi de Lugo no que incorporou moitas innovacións pedagóxicas. Paralelamente colabora na Editorial Galaxia e na revista Grial.

En 1954, Carbalho Calero doutórase en Madrid e, catro anos despois, ingresa na Real Academia Galega.  En colaboración con Ramón Piñeiro elabora as primeiras normas morfolóxicas e ortográficas aprobadas por esta institución.

1965 marca unha nova etapa na vida laboral do profesor: incorpórase á Universidade de Santiago de Compostela como o primeiro docente de Lingua e Literaturas Galegas. En 1972 convértese no primeiro catedrático destas materias.

A extensa obra de Calero combina a novela coa poesía, o teatro e o ensaio. Destaca Historia da literatura contemporánea galega (1963), Gramática elemental del gallego común (Galaxia, 1966),  A xente da Barreira (1951) ou Scórpio (1987).

Ricardo Carvalho Calero

Accións virtuais

Os actos en homenaxe a Ricardo Carbalho Calero comenzaron en xaneiro coa exposición “Imaxa de cen anos” no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol. Outra das iniciativas previstas era o concurso “Contádenos o voso Días das Letras”, destinado a centros escolares de Infantil e Primaria. Debido á suspensión das clases presenciais, a RAG decidiu ampliar o prazo para poder participar ata despois do outono. Aínda así, e para que o día 17 non quede esquecido, anima a docentes, colectivos e persoas a título individual a promover e desenvolver accións virtuais relacionadas coa lingua ou a traxectoria de Calero.

A RAG tamén puxo en marcha “Unha palabra para don Ricardo”, un conxunto de minipezas audiovisuais sobre Carbalho Calero nas que participan diferentes persoas que tiveron algún tipo de vínculo co homenaxeado. Poden verse na web da RAG, nas súas redes sociais e na CRTVG.

A Romaría Raigame, en Vilanova dos Infantes, Celanova, que tamén se celebra o día 17, tivo que ser aprazada pola COVID-19.

¿A qué esperas?, elige tu experiencia Caldaria
ENOTURISMO

ENOTURISMO

DESCUBRE LA CULTURA DEL VINO DESDE UN BALNEARIO

Ver más
Arnoia Termal Bike

Arnoia Termal Bike

Oferta

2ª EDICIÓN MARCHA CICLOTURÍSTICA - DOMINGO, 12 de JULIO -

Ver más