A auga e as letras galegas

A auga e as letras galegas

Etiquetas:

¿Te ha gustado?

Compártelo!

Para celebrar o Día das Letras Galegas facemos un repaso polo vínculo que existe entre a literatura galega e a auga, unha conexión que se remonta xa á época das cantigas.

Por iso, queremos xuntar estes dous conceptos e celebrar deste xeito o día grande das nosas letras. Se queres compartir con nós esta ocasión, segue lendo e descobre o papel da auga dentro das letras galegas.

Pergamino Vindel

Cantigas de amigo e de amor

Entre os séculos XII e XIV , as cantigas de amigo e de amor foron unha das figuras recorrentes na literatura galaico-portuguesa. E a súa relación coa auga foi moi importante, a través das fontes, os ríos ou o mar.

Se comezamos polas cantigas de amigo, os elementos da natureza como a auga ou as propias fontes son confidentes das ‘amigas‘, as mozas namoradas que protagonizan este tipo de composición. É a estes elementos aos que lles contan as inquedanzas polo seu ‘amigo’. As fontes tamén son o punto de encontro para os dous protagonistas destas composicións, que se atopan ás costas da ‘nai’.

O mar tamén lle serve a amiga como acompañante. Pódese apreciar nunha das cantigas de amigo máis populares e coñecidas, “Ondas do mar” de Martín Codax cuxas estrofas din:

Ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo?

E ai Deus!, se verra cedo? Ondas do mar levado,

se vistes meu amado? E ai Deus!, se verra cedo?

Rosalía de Castro

Rosalía de Castro e Manuel María

Para a escritora e poeta galega Rosalía de Castro (1837-1885) o ruxido do mar e das súas ondas son o único son comparable cos tormentos da alma, cos sentimentos dun corazón xeneroso que se desespera das maldades da terra.

Pero non só o mar inspirou a Rosalía á hora de incluír o elemento auga na súa poesía. Unha das súas composicións máis representativas, “Adiós ríos, adiós fontes” recollido en “Cantares gallegos” emprega a natureza e a auga como sinal de identidade de Galicia. Esta oda a emigración non deixa dúbidas:

“Adios, ríos; adios fontes; adios, regatos pequenos;

adios, vista dos meus ollos: non sei cando nos veremos”

Posteriormente, o recoñecido compositor Amancio Prada levou estas letras en papel á música, deleitando a aqueles que o quixeran escoitar con estes versos tan sentidos de Rosalía.

Manuel María, versos sentidos

O poeta e dramaturgo Manuel María (1929-2004) tampouco escapou á influencia da auga nas súas creacións. Un dos seus máis sentidos versos leva por título “Poemiña do señor regato do Cepelo”:

Nunca tiveche unha arela de tan humilde e sinxelo:

¡Meu regato do Cepelo, das Regas uo da  Barciela!.

Maila ó teu nome sonoro, eres regato e non río:

¡o teu caudal tan esguíonunca encherá un encoro!

Álvaro Cunqueiro e a auga

O novelista Álvaro Cunqueiro (1911-1981) tamén tivo unha relación moi especial coa auga nos seus escritos. Sen ir máis lonxe, na súa obra clave ‘Cantiga nova que se chama riveira’, do ano 1933 fala da auga dun xeito que pode lembrar ás antigas cantigas de amor e de amigo:

Amor de auga lixeira, muiñeira.

Amor de auga tardeira, ribeira.

Amor de auga florida, cantiga.

Amor de auga perdida, miña amiga.

Ézaro

Os ríos, compañeiros dos galegos

O poeta ourensán Xosé Conde Fernández (1918-1990) fai especial mención á auga xa que naceu ao pé do río Miño, na Barca, o que hoxe se coñece como Barbantes-Estación. Deste xeito, Conde reflicte o que sente pola auga nun dos seus poemas máis especiais para os ourensáns: ‘Río Miño’:

Onte, ceibe, hoxe, prisioneiro.

Enmudeceu o teu cantar de paxaro. Río Miño en pochancas,

escravo es dos ratos que amoedan os teus pulos.

O mestre e escritor pontevedrés Xerardo Álvarez Limeses (1871-1940) fala dun dos fenómenos ópticos e meteorolóxicos de maior beleza: o arco da vella, que só existe grazas á auga. As súas verbas namoran a quen as le:

Dende o piñeiredo de Vilanoviña o arco da vella ergueuse a beber,

tanta sede tiña que fixo surrindo un vó de anduriña

e foi dun esguello nun río a caer. Ó sentir da auga a caricia leda

espallouse en néboa pola tarde mol ienchéndose dela colgou na robleda

seu pano de cores tinguido de sol.

A beleza da auga en Galicia pódese percibir a través dos diferentes sentidos e dende as letras galegas dáselle unha dimensión engadida.

¿Queres celebrar o Día das Letras Galegas lendo e sentindo a auga? Faino nalgún dos nosos balnearios: Laias, Arnoia ou Lobios. ¡Agardámoste!

¿A qué esperas?, elige tu experiencia Caldaria