Festa da Vendima de Leiro, celebrando a colleita

Festa da Vendima de Leiro, celebrando a colleita

| Caldaria Hoteles y Balnearios

Alegría, cor e tradición. Eses son os tres alicerces fundamentais dunha das celebracións máis atávicas da comarca do Ribeiro. A Festa da Vendima ponlle diversión a tarefa final do ciclo do coidado da vide. Antes de mergullarse de cheo nas labores de recolección que comezan, por norma a mediados do mes de septembro, Leiro e toda a comarca celebra o ano de traballo nesta festa que, o vindeiro domingo 25 de agosto acada a súa XXX edición.

Tradición

A Festas da Vendima leva xa tres décadas homenaxeando ao produto estrela da comarca do Ribeiro, a uva. Pero esta celebración etnográfica non só presta atención á materia prima ou ao elaborado, o viño, senón que fai fincapé na dura labor que desempeñan os agricultores da comarca durante todo o ano para coidar o seu froito.

En la región se cultivan alrededor de 3.000 hectáreas de viñas

De xeración en xeración, o traballo do campo relacionado coa viticultura ten sido parte fundamental do tecido económico da comarca. Se ben a relación entre o esforzo e a recompensa económica en moitos casos non se atopa á altura, o certo é que coas viñas existe ademáis un vínculo emocional, unha herdanza que pasa de pais a fillos adherida á terra.

Malia que o campo é o que nos alimenta, as profesións relacionadas con el non sempre contan coa consideración social que merece. Por iso, merecen unha celebración na que, no medio de desfiles, diversión e viño, se recoñeza o seu traballo e a tradición que conservan.

Uvas

A festa do viño

Os veciños da comarca prepáranse durante semanas para a celebración da Festa da Vendima, unha das celebracións máis lonxevas da calendario festivo do verán en Ourense. Unha das partes centrais da xornada e o tradicional desfile de carrozas. Os remolques de coches e tractores serven para sacar a rúa pedazos de viñedos, lagares e bodegas para gozo da xente da zona e de turistas.

Nas xornadas previas, as plataformas perden a súa apariencia habitual e transfórmanse en escenas tradicionais que os veciños recrean con todo tipo de materiales: terra, madeira, pedras, ramas de vide...

A medida que as carrozas desfilan polo centro da localidade poderás mergullarte nun xantar no campo, no traballo das bodegas ou nas labores que durante todo o ano se desenvolven nas viñas. Iso sí, cunha dosa extra de alegría e diversión.

Festa da Vendima

Unha festa para todos

Nenos, mozos e menos mozos, todos participan la Feira da Vendima xa que, ademáis de desfiles e xantar, contará con actividades para os máis pequenos e moita, moita música e diversión.

Unha mostra de artesanía, música e un xantar popular adoitan completar a xornada ata a entrega dos premios que recoñecen as mellores carrozas.

Pero o verdadeiramente importante da xornada é conseguir que por un día, a esencia do Ribeiro, a vide e o viño, teña o seu lugar e festexar a tradición do produto máis relevante da comarca.

A cita tela o 25 de agosto en Leiro. Podes comezar a fin de semana cun sábado na Festa da Istoria e despois de tanta marcha, unha parada en Caldaria, tanto o de Arnoia como o de Laias están ben preto!

San Clodio

Foto: http://bit.ly/2YGk3dm

Qué ver en Leiro

Leiro é unha comarca que merece a pena visitar. Leiro é sinónimo de natureza e, por tanto, os roteiros de sendeirismos e as camiñadas polo monte son as súas principais actividades ao aire libre. Finais de agosto e principio de setembro son as mellores datas para un roteiro por esta comerca xa que a calor non é excesivo.

Que podes visitar na zona? Deixámosche unha lista de lugares próximos para visitar:

  • Paseo fluvial do río Avia
  • Mosteiro de San Clodio (seguindo o val do Avia)
  • Iglesia de Santa María en Beade
  • Viña Meín

Parada en Caldaria

E despois de tanta festa, como podes ter un momento de relax? Achegándote ata os balnearios de Arnoia ou Laias para gozar de experiencias termais coma o circuito termal Alvea ou unha boa masaxe. Os dous balnearios de Caldaria están moi preto de Leiro, polo que pode ser unha opción perfecta para uns días de relaxación completos na comarca de O Ribeiro.

¿A qué esperas? Elige tu experiencia Caldaria
SEMANA SANTA LOBIOS

SEMANA SANTA LOBIOS

TU ESCAPADA VACACIONAL DE RELAX AL PARAÍSO DE LAS AGUAS CALIENTES

Ver más
SEMANA SANTA 3 y 2 NOCHES

SEMANA SANTA 3 y 2 NOCHES

CON MENÚ DEGUSTACIÓN, MASAJE INTEGRAL , HIDROTERARPIA Y RUTAS EN BICI ELÉCTRICA O KAYAK

Ver más